FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE PADRES DE ALUMNOS DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA


MANUEL LUGRIS: DIA DAS LETRAS GALEGAS 2006

Mestre da Fala, fixador da primeira gramática do noso idioma escrita na lingua propia, cidadán comprometido con Galicia e na loita polos dereitos da terra para os labregos. Lugrís púxose ao servizo de Galicia na emigración, nese viveiro de galeguidade que foi a Habana das décadas finais do século XIX, e entregouse con igual paixón a construción do ideal galeguista ao carón do lar, nas páxinas da A Nosa Terra ou no seu labor de recuperación da memoria dos Mártires de Carral. Manuel Lugrís silandeiramente deitou no seu labor cívico un cartafol de achegas para definir a identidade nacional do noso país, para normalizar a súa cultura e medios de comunicación, e para dotar os cidadáns galegos e a Galicia de capacidade de decisión soberana. Quería unha Galicia dona de seu.